3.8.09

CELEBRACIÓN DO DÍA DA SOCIA

AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” CELEBRAN O DÍA DA SOCIA CUNHA SARDIÑADA NA EXPLANADA DO CANDAOSO.

O temporal de vento e auga do 1º de agosto non impedíu que as socias da Asociación MMRR “Fraga das Saímas” se desplazaran ata o Candaoso para para participar nunha xornada de convivencia organizada pola Directiva da asociación con motivo da celebración do Día da Socia.

O sábado 1 de agosto as mulleres da Asociación Fraga das Saímas, acompañadas das súas parellas e fillos, participaron nunha xornada de convivencia organizada pola Directiva, con motivo da celebración do DÍA DA SOCIA e como remate das actividades desenvoltas pola asociación ao longo do primeiro semestre do 2009.

O lugar escollido pola Asociación para a celebración deste Día da Socia e, como ocasión especial da que se trataba, foi a explanada do Candaoso, un fermoso paraxe natural que pertence aos Montes do Buio de San Andrés de Boimente e desde o cal se poden contemplar unhas espectaculares paisaxes e que se atopa moi perto da Fraga cuxo nome leva no seu honor esta asociación.

A xornada comezou a mediodía, onde as membros da Directiva e varias socias voluntarias preparon, acompañadas en todo momento pola auga e vento, unha sardiñada con cachelos para 70 veciñas e veciños, amén doutros produtos gastronômicos (empanadas, panceta, criollos, etc.),non faltando para os asistentes, tampouco, postre, cafés e licores.

A media tarde, e como tampouco podiamos prescindir da música neste día, uníronse á festa 15 rapazas membros do Grupo de Pandereteiras da Asociación Cultural Osorio Gütierrez de Lourenzá, coas que os asistentes disfrutaron escoitando as súas interpretacións e bailando ao ritmo da súa música ata as oito da tarde.

Rematado o acto as organizadoras valoraron positivamente esta 1ª experiencia, a pesar dos problemas cos que se tiveron que enfrontar debido o mal tempo, e xa se están plantexando consolidar esta celebración para os vindeiros anos.