AS MÁIS DE OITENTA SOCIAS E
FAMILIARES QUE PARTICIPARON NA 9ª FESTA DO MEDIO NATURAL DA “FRAGA DAS SAÍMAS”
ACOLLERON CON ESPECTACIÓN E ENTUSIASMO O Iº CONCURSO DE KARAOKE CELEBRADO NO MARCO
DESTA FESTA PRIMAVERAL
O
colectivo de Mulleres Fraga das Saímas organizou esta fin de semana pasada a
súa 9ª Edición da Festa do Medio Natural. Festa, coa que durante os últimos
anos ven celebrando a chegada da estación primaveral e que para esta ocasión apostaron
por un Concurso de Karaoke “Fraga das
Saímas” para darlle a benvida a esta estación a ritmo das voces de grandes namoradas e
namorados da música”.
O viveirense, Ramón Martínez, foi o gañador indiscutible
do Iº concurso de Karaoke “Fraga das Saímas”. Martínez, que se alzou co
primeiro premio dotado con 80 € e un diploma, interpretou, tanto na fase de
selección como na gran final, temas de Francisco e Nino Bravo. O 2º premio, dotado con 40 € e diploma foi
para, o tamén viveirense, Francisco Tarrío que se decantou por temas de Agustín
Lara, Los Tamara e José Alfredo Jímenez. O dúo composto polas socias Lola López
e Olga Rguez, que se atreveron con temas de Joan Baez, Marisol e Dulce Pontes e Carlos Núñez, foron
as gañadoras do 3º premio, dotado por 20 € e un diploma.
Mención especial cabe destacar, aínda que xa fóra de
concurso, a actuación da socia Ester Lorenzo, que con 88 anos foi quen de ofrecer unha das
interpretacións máis emotivas e sorprendentes desta festa da canción, cantando
a capela míticos temas de Sara Montiel.
Logo do acto de entrega de premios e agasallos, @s
aficionad@ ao baile puideron bailar ao son da música do Dúo Suso ata pasadas as
20.00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario