9.3.15

UN OBRADOIRO DE MASAXE E A MARATÓN DE TUTE POLA IGUALDADE CONMEMORAN O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Unha trintena de persoas participaron esta fin de semana na  Maratón de Tute  pola Igualdade e no obradoiro de Masaxe Relaxante de Espalda que organizou o colectivo Fraga das Saímas con motivo da celebraron do Día Internacional das Mulleres 

A Directiva do colectivo Fraga das Saímas organizou ao longo desta fin de semana pasada,  un obradoiro de Masaxe relaxante de Espalda e a IIª Maraton de Tute pola Igualdade con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres. Nestas actividades participaron ao redor dunha trintena de persoas.

Co obxectivo de proporcionar as súas socias e veciñas unha ferramente de axuda á relaxación e ao benestar físico, mental e emocional e a aprender a aplicar a masaxe en situacións de estrés, a Directiva da Fraga das Saímas organizou o venres, 5 de marzo no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente, de 17.00 h. ás 20.00 h.  o Obradoiro de Masaxe relaxante de Espalda impartido pola Quiromasaxista Isabel Giráldez (AGARÍMATE). As asistentes a esta actividade  valoraron moi positivamente o obradoiro e solicitaron á Directiva repetir a experiencia.

As actividades do Día da Muller continuaron o sábado, 7 de marzo, no Centro Sociocultural, onde 18 persoas xogaron a Maratón de Tute pola Igualdade desde as 17.00 h. ata as 23.00 horas, momento no cal se proclamaron campeonas da Maratón a parella formada por Lola e Herminda  que derrotaron nunha final moi reñida á parella formada por Paco e Carmiña, que se tiveron que conformar co subcampionato. Mentras  o terceiro premio caeu nas mans da parella formada por Silvia e Marisol, tras xogar polo terceiro posto na Maratón contra os equipos formados por Clarisa e Adolfo e Olimpia e Manolo. Os tres equipos afortunados gañaron 50 €, 30 € e 20 € respectivamente, ademais de levarse para a casa un precioso  trofeo cada un, agasallo da tenda viveirense Deportes Capitán.

E mentras os aficionados xogaban a Maratón o resto de asistentes tamén tiveron a oportunidade de ver a película Princesas de Fernando León de Aranoa que as organizadoras proxectaban na sá de cinema do Centro sociocultural.

Logo de que a presidenta, Flor Chao, fixera entrega dos premios e trofeos aos equipos gañadores, a Directiva serviu un ágape a tod@s @s xogadores e asistentes. A festa rematou pasadas as doce da noite emplazando a presidenta a tod@s @s amantes da música e da canción a participar no Iº Concurso de Karaoke Fraga das Saímas que se celebrará  o sábado, 18 de abril, no marco da 8ª Edición da Festa do Medio Natural.

No hay comentarios: