“Quixera
rematar recomendándovos para o 2015 algo que sempre recomenda Lydia
aos seus alumnos e que me pareceu maravilloso cando o lin: Dedicade
todo o tempo do que dispoñades a perseguir os vosos soños”.
Palabras
pronunciadas por Flor Chao, Presidenta do colectivo feminino, ao
finalizar o seu discurso de benvida á 7ª Festa de Nadal.
O
EXTRAORDINARIO CONCERTO OFRECIDO POLA CORUÑESA
LYDIA BOTANA NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE
ABRIU OS ACTOS DA 7ª FESTA DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS”
O sábado 20 de decembro o Centro Socio-Cultural de Sto. André de
Boimente abriu as súas portas por sétimo ano consecutivo para
celebrar o Festival Fraga das Saímas, organizado polo colectivo de
mulleres de Santo André de Boimente.
A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de
presentación describiu a Lydia Botana como unha
Bolboreta apaixonada pola música e a vida, a que nada lle pon medo e
que escrebe e compón cancións sobre as emocións e a vida mesma que
a rodea, pero sempre co optimismo e a humildade que a definen.
Esta
celebración navideña prolongouse ata pasadas as 2.00 h. da
madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao
son do ritmo da música do Dúo
Estrellas,
que durante máis de tres horas os seus compoñentes, os irmáns Ana
e David, animaron con entusiasmo e sen parar a un público entregado
ao baile e a diversión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario