26.11.14

FESTIVAL DE NADAL 2014

FRAGA DAS SAÍMAS ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE AO  FESTIVAL  DE NADAL 2014

Por motivos organizativos as persoas interesadas en asistir á cea de confraternidade de Nadal deben facer a súa reserva antes do día 15 de decembro.

Desde a Directiva animamos a todas as nosas socias, familiares, veciños e amigos a celebrar o remate do ano co colectivo Fraga das Saímas. Estamos seguras que será unha noite para gardar nas nosas memorias con alegría e satisfacción. E para axudar a que isto suceda imos contar coa presenza da cantautora cullerdense Lydia Botana que ademais de ofrecernos un extraordinario concerto vainos presentar o seu videoclip do single do seu primeiro disco en solitario. E como non podía ser menos @s amig@s da festa e amantes do baile poderán practicar esta arte co Dúo Estrellas. Dúas extraordinarias voces que veñen desde a Terra Cha dispostos a facervos bailar sí ou sí.

Un cartel de artistaz@s case insuperable!
 Esperámosvos!

No hay comentarios: