UNHA VEINTENA
DE AMANTES DO MUNDO DA MICOLOXÍA PARTICIPARON NA IIª EDICIÓN DAS XORNADAS
MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS ORGANIZADAS POLO COLECTIVO DE MULLERES
FRAGA DAS SAÍMAS
O Centro
Socio-cultural de Santo André de Boimente ven de acoller con grande éxito de
participación as Xornadas
Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos no Buio que organizou por segundo ano
consecutivo o colectivo feminino Fraga das Saímas. Para a organización destas
xornadas contaron coa colaboración do enxeñeiro agrónomo, Marcos Besada, titular da tenda agroecolóxica Estruga.
As xornadas, que se celebraron durante todo o día do sábado 25 de outubro,
deron comezo ás 10.00 horas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente,
onde se citaron alum@s e técnicos. Logo de dar, por parte da secretaria do
colectivo organizador, a benvida a tod@s e entregarlles as bases do concurso de cestas e composición de
setas, ao cal se
sumaron máis de dez participantes, a
Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) impartiu unha charla
onde deu unhas nocións básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de
cogomelos e champiñóns existentes en Galicia. Durante a mesma @s asistentes
aproveitaron para resolver dúbidas e facerlle todo tipo de consultas. Ao remate
desta charla-debate a Presidenta da asociación procedeu a sortear entre @s
asistentes un exemplar da Guía Micolóxica
dos ecosistemas galegos, recaendo nas mans da afortunada Merche, socia do
colectivo Fraga das Saímas.
Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en
práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e
valor ambiental dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.
Logo de
estar recorrendo durante máis de catro horas diferentes veredas dos Montes do
Buio, así como da propia Fraga das Saímas, cunha pequena parada para xantar no
Refuxio do Candaoso, o grupo de aficionados á Micoloxía voltaron ao Centro
Socio-Cultural para, un grupo dos participantes e da man da Micóloga Rita Cid,
seleccionar as variedades recollidas e proceder á limpeza, mentras as
participantes do concurso de cestas e composición de setas decoraban as súas
cestas e dábanlles os últimos retoques antes de que o xurado se reunirá para
emitir un veredito. Ao mesmo tempo, o multifacético Marcos Besada, acompañado
do seu equipo, preparou diversos pratos (revoltos de níscalos, arroz con
boletus e mazás, etc…) elaborados a base de boletus edulis e Bayo,
Macrolepiotas, Cantarelas e Níscalos, para a degustación culinaria onde cerca
de trinta comensales deron boa conta de todos os pratos, incluído postre e café.
As gañadoras
do concurso de Cestas e composición de setas, ao que se presentaron once
maravillosas cestas, segundo o veredito unánime dos membros do xurado
calificador foron as irmás, Inés e Luisa, que se levaron como premio unha cesta
composta dun lote de produtos ecolóxicos galegos de tempada (Queixo arqueixal,
As Maruxas de Nata, Crema Marrón Glassé, Cervexa artesanal Aloumiña, Sidra
Maeloc, tostas de pan Mariñeiras con algas, etc.), pechando así con grande
éxito e satisfacción por parte dos asistentes e do colectivo organizador as IIª
Xornadas Micolóxicas e gastronómicas de cogomelos.
Por último,
cabe resaltar que a Directiva Fraga das Saímas celebra sempre a visita aos
montes do Buio de todas as persoas
amantes do mundo da micoloxía, posto que saben que son respetuosas coa natureza
e o patrimonio veciñal, mais expresan o
seu profundo rexeitamento á entrada masiva, que vimos constatando nos últimos
anos, de persoas alleas á comunidade veciñal cuxo único fin seu é a recollida
incontrolada de cogomelos, esquilmando os recursos naturais do monte e coa
consecuente perda dunha fonte de riqueza
extraordinariamente importante para os nosos
ecosistemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario