10.4.14

FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2014

A presidenta convida a todas as socias, familiares e veciños do Concello de Viveiro a celebrar xuntos o Día das Letras Galegas-2014 e a participar no Fotocol de Gústame o Galego.

A DIRECTIVA DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" ORGANIZA A SÚA VIª FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2014 O SÁBADO 10 DE MAIO DE 2014

A Directiva Fraga das Saímas ven de aprobar a programación de actividades a desenvolver o SÁBADO, 10 de MAIO de 2014 con motivo da celebración da súa VI Edición da Festa das Letras Galegas e á cal desexa convidar a todas as socias, familiares, veciños e veciñas do concello de Viveiro. As actividades que conmemoran o Día das Letras Galegas-2014 e que este ano llo adica a RAG ao poeta pargués Xosé María Díaz Castro, comezarán a partir das 18.00 horas.

Nesta ocasión contaremos co grupo de teatro aficionado de San Cibrao, Árdora, que nos representará a peza teatral  "Xustiza de Lei" do profesor de IES Monte Castelo de Burela, Francisco Piñeiro. Rematada esta representación todas as persoas asistentes que queiran darlle o seu apoio a nosa lingua poderán posar no Fotocol de "Gústame o Galego", por onde pasaron milleiros de persoas, como o profesorado e alumnado da USC ou o equipo do R.C. Celta de Vigo, entre outros.

As persoas que queiran compartir con nós este día de conmemoración ás nosas letras e ao homenaxeado autor de Nimbos, poderán achegarse ata o Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente. A entrada é para todas e todos de balde.

Ao final ofrecerase unha merenda-cea a base de petiscos, refrescos e chocolate con churros.

No hay comentarios: