17.2.14

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


"FRAGA DAS SAÍMAS" CELEBRARÁ CON CINE E UNHA MARATÓN DE XOGOS DE MESA O DÍA DA MULLER TRABALLADORA-2014


O sábado 8 de Marzo o Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acollerá os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora. Ás 17.00 horas, logo da Benvida da Directiva Fraga das Saímas, dará comezo a Iª Maratón de Xogos de Mesa  na que poderán participar todas aquelas persoas que se anoten nalgunha das modalidades que desexen (Tute, Brisca...) antes do día 2 de marzo. De xeito paralelo e unha vez feitos os sorteos entre os participantes desta maratón e dado comezo ás diferentes partidas, a Directiva proxectará na sala de teatro do Centro socio-Cultual  unha película que poñerá en valor o papel da muller no mercado laboral. O cinema dará comezo  ás 18.00 horas.


No hay comentarios: