DONA
XULIA VIDAL BALSEIRO, SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES
RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS, CELEBROU OS SEUS 104 ANOS
ACOMPAÑADA DAS SÚAS BIZNETAS, NETOS E NORA NA SÚA CASA DOS LEÁS.
O
colectivo “Fraga das Saímas” e todas as súas socias espertaron
este martes 7 xaneiro coa boa nova do 104 aniversario da súa veciña
e socia de honor, Dona Xulia Vidal. Cumpreanos que celebrou o día
de Reis na súa casa dos Leás acompañada polos seus familiares máis
cercanos e queridos (as súas biznetas Lorena e Yanira, a súa neta
política Merche, o seu neto Luis e a súa nora Marisa).
Autora da fotocomposición: Lorena Díaz, bizneta de Xulia Vidal |
A
nosa centenaria dona Xulia, traballadora infatigable, sempre
demostrou unha grande fortaleza e valor ao longo da súa vida,
loitando día a día polos seus seres máis queridos e mantendo ese
profundo sentimento de amor pola terra. Unha muller digna de ser
admirada e todo un exemplo a seguir polas novas xeracións de
galegas e galegos.
Mulleres
coma Dona Xulia son as que poñen en valor o papel que desempeñaron
as nosas labregas a través da súa entrega ao traballo no campo e a
loita pola súa propia existencia e dignidade.
As
mulleres do colectivo Fraga das Saímas, desde a nosa máis profunda
admiración e cariño, desexámoslle a Dona Xulia todo o o mellor
neste día e felicitamos a súa familia por continuar disfrutando do
seu máis prezado regalo.
FELICIDADES,
DONA XULIA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario