O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013, A SÚA BIBLIOTECA VECIÑAL
O colectivo de mulleres Fraga das Saímas ven de celebrar
na compaña de medio cento de socias e convidados o Día das Letras Galegas 2013.
Os actos comezaron ás 18.00 h coa
intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que
exerceu de mestra de ceremonias da nova
Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa
Directiva e a cal quixo que fora a celebración do Día das Letras Galegas-2013 a data na que se abriran as portas da Biblioteca
Fraga das Saímas por ser o marco ideal
para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante
a súa intervención, Flor Chao convidou
ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo
espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro a facerse socios da recén estreada Biblioteca
veciñal.
Coa posta en marcha desta
Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación
Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria,
o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento
e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do
fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o
patrimonio cultural.
Logo da inauguración, onde
a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas
conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a
comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate
desta peza teatral de Francisco Piñeiro.
Os participantes foron abandoando o Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente pasadas as 22.00 horas, logo de manter animadas conversas e intercambio de opinións sobre os actos celebrados, mentras degustaban os pinchos, bebidas e cafés servidos polas membros da Directiva da Asociación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario