19.3.13

V FESTA DO MEDIO NATURAL

ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NA Vª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NO QUE SE PRESENTARÁ O ESPÉCTACULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONENSE MIRCROMINA


A Directiva "Fraga das Saímas" abre o prazo para anotarse  á V Edición da  Festa do  Medio Natural,  que ven de organizar este colectivo os últimos catro anos  con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Natural e a entrada na  primavera.

Nesta Vª edición, o Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acollerá por primeira vez un espectáculo de TÍTERES, durante o cal poderán gozar tantos as nenas e nenos como os  maiores da obra Vacacións no Mar que representará a compañía MIRCROMINA.

Logo dun suculento xantar, servido polo Restaurante O,Val do Naseiro, as socias, familiares e convidados terá a oportunidade de disfrutar coas voces do Dúo MARACUYÁ  e bailar ao son da música destes ferroláns.

As persoas que desexen disfrutar dunha fin de semana de festa e alegría poden contactar coa Directiva: no Tfo. de Flor 669250948 ou Tfo de Gloria 610007746 antes do sábado 20 DE ABRIL.

No hay comentarios: