XLIV FESTA DA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO

As persoas que acudan a esta nova cita anual tamén poderán achegarse á explanada do curro do Cándaoso o sábado 30 de xuño (Día do Polbo) onde poderán degustar dun sabroso xantar a partir das 14.00 horas así como gozar da xa tradicional festa campestre que estará amenizada coas orquestras FENIX e LEMBRANZA.
O domingo, 1 de xullo celebraremos, unha nova edición da tradicional Festa da Rapa das Bestas, que comezará, para os máis madrugadores, as 8.00 horas. Logo das sopas de allo de seguro que veredes máis claro todo. E a partir dese momento e se sodes quen de gozar dunha das paraxes salvaxes máis fermosas da Mariña, estamos seguras que o día nos Montes do Buio e nas Fragas das Saímas axudaranvos a descubrir moitas sorpresas agradables.
NON O PENSES MÁIS E VENTE A GOZAR DESTAS PARAXES ESPECTACULARES E DA NOSA FESTA CABALAR...VÉMONOS NA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario