A DIRECTIVA DE MULLERES RURAIS DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE CONVOCA O Iº CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO LEMA “FRAGA DAS SAÍMAS, MONUMENTO NATURAL”, DIRIXIDO A TODAS AQUELAS PERSOAS AFICIONADAS OU PROFESIONAIS DA FOTOGRAFÍA, AMANTES DA NATUREZA E RESPETUOSAS COA VIDA.
No marco da celebración do “Día Mundial dos bosques” a directiva da Asociación MMRR “Fraga das Saímas” está a organizar o Iº Concurso de Fotografía da Fraga das Saímas.
Esta iniciativa forma parte dunha serie de actuacións encamiñadas a preservar o patrimonio material e inmaterial da parroquia de San Andrés aprobadas na asemblea xeral anual da asociación e coa cal se pretende fomentar o coñecemento e o gozo deste paraxe natural entre a poboación do concello e os seus visitantes e promover dun xeito activo o respecto e o coidado do noso patrimonio natural. Asimesmo, desde a Asociación Fraga das Saímas, preténdese poñer en valor este monumento natural como fonte de riqueza medioambiental, cultural e social promovendo unha cultura de ocio saudable a través da práctica de “sendeiros de cultura e saúde”.
O tema único do concurso é “Fraga das Saímas, Monumento Natural”, deixando total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade e amose, a través desta, a beleza e a importancia deste paraxe natural e a súa contorna (montes do Buio) ao obxecto de concienciar á poboación da necesidade de fomentar a protección, o respecto e a conservación deste ecosistema.
Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade que residan nalgunha das provincias de Galicia ou do resto do estado español e que sexan aficionadas ou profesionais da fotografía e amantes da natureza e respetuosas coa vida.
As persoas que desexen participar neste concurso poderán recoller as bases do concurso no Centro Comarcal da Mariña Occidental de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, descargalas en http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com (apartado de "descargas de documentos") ou solicitalas no correo electrónico fragadassaimas@gmail.com
Este concurso esta dotado con 3 premios en metálico, sendo o 1º premio de 200 euros, o 2º premio de 100 euros e o 3º e último de 50 euros.
O prazo para presentar as obras rematará o xoves, 31 de marzo de 2011, ás 20.00 horas.
Unha vez outorgados os premios levarase a cabo una exposición pública das obras gañadoras xunto coas fotografías finalistas seleccionadas polo xurado do concurso.
VEN A DISFRUTAR DESTE ESPECTACULAR PARAXE NATURAL E PARTICIPA. ESPERAMOS AS TÚAS FOTOGRAFÍAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario