11.1.16

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E XERAL EXTRAORDINARIA


A DIRECTIVA FRAGA DAS SAÍMAS CONVOCA ASEMBLEAS PARA APROBAR AS CONTAS DO 2015 E ELEXIR NOVA DIRECTIVA 


A Directiva ven de convocar, para o sábado 30 de xaneiro de 2016, as súas socias a unha asemblea xeral ordinaria para aprobar as contas e informe de xestión do 2015 así como a unha axemblea xeral extraordinaria para a elección dunha nova directiva. 

A actual Presidenta anima a todas as súas socias a asistir a estas asembleas e fundamentalmente a presentaren candidaturas para elexir unha nova Xunta Directiva da Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” para a lexislatura 2016-2020, ao obxecto de darlle continuidade aos proxectos socio-culturais desenvoltos por esta entidade desde o ano 2007.

As socias que o desexen poden descargarse a convocatoria e estado de contas do ano 2015 da entidade no seguinte enlace Convocatoria asembleas xeral ordinaria e extraordinaria xaneiro 2016

A Directiva tamén entregará esta documentación en papel a cada unha das súas socias.







28.12.15

TALLER SOBRE MANEXO DE TABLETAS E SMARPHONES

A ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” PARTICIPOU NUN TALLER ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN TIC SOBRE O MANEXO DE TABLETAS E OUTROS DISPOSITIVOS INTELIXENTES 

O colectivo feminino “Fraga das Saímas” ven de participar nun taller organizado pola Fundación TIC dirixido @s maiores, ao obxecto de fomentar a súa autonomía persoal e mellorar as súas capacidades cognitivas e funcionais, ademais de prestar, ao mesmo tempo, apoio a todas aquelas persoas que desexen mellorar no uso das novas tecnoloxías.

 Este taller, que se desenvolveu ao longo de dous días no Centro Sociocultural de Santo André de Boimente e que contou con 11 alumn@s, abordou o manexo de tabletas e smartphones, principalmente, así como conceptos básicos para manexarse por internet e diferentes redes sociais. Durante o curso as persoas asistentes tamén traballaron a través de diferentes exercicios coa tableta as capacidades cognitivias e funcionais, como a memoria, a atención, a orientación espacial e o equilíbrio.

22.12.15

FESTA DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS2015"

CARICATURAS EN VIVO, CHISTES, SORTEOS E MÚSICA NA CELEBRACIÓN DA FESTA DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS-2015”

O sábado 19 de decembro o Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente abriu as súas portas un ano máis para  celebrar a última edición da Festa de Nadal-2015, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

Máis dun cento de socias, familiares, veciños e amigas de Viveiro participaron nesta festa navideña un tanto particular e se cadra unha das máis atípicas das que celebrou o colectivo feminino “Fraga das Saímas” nas súas anteriores edicións, onde a música, o humor, e os sorteos  non faltaron ao longo dunha noite carga de emocións e sorpresas.

A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de benvida aproveitou para agradecerlle a  todas as amigas e amigos que ao longo destes anos de imparable  actividade non só apoiaron todas e cada unha das nosas iniciativas senón que tamén se  divertiron, disfrutaron e animaron as nosas festas. e  dixo sentirense “moi orgullosas e satisfeitas de ter feito durante todos estes anos o noso traballo con moito amor e moito humor porque como di o Dr. Adam “ O humor, o amor e a creatividade son os compoñentes fundamentais dunha vida sana” e por iso quixemos que esta noite tan especial fora unha noite de festa 100%  en clave de humor, alegría e diversión” destacou a presidenta  antes de presentar ao caricaturista vigués Michel (Caricaturas en Vivo) que ao longo desta noite inolvidable estivo facendo caricaturas a todas @s convidado@s que quixeron levarse un recordo moi especial do paso pola asociación.

Desde ás 19.30h., que deu comezo a Festa, ata pasadas a media noite o colectivo Fraga das Saímas sorteou 10 agasallos e 3 grandes Cestas Navideñas, entre baile e baile e entre chiste e chiste, contados pol@s  participantes do Concurso de chistes cortos de Nadal e cuxas gañadoras foron as socias do colectivo feminino Chelo e Olga e o viveirense Paco.

A partir das 21.30 h. @s convidad@s deron boa conta dunha suculenta cea de confraternidade servida polo restaurante O’Val do Naseiro, cuxos camareiros, xefe de cociña e Directora foron agasallados durante os postres cunha grande ovación, en palabras da propia presidenta “polo excelente servizo prestado á nosa asociación ao longo de tantos anos, pola  vosa profesionalidade e o voso trato inmellorable”.




Esta celebración navideña prolongouse ata pasadas as 3.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son do ritmo da música do dúo máis querido pola asociación o Dúo Suso, que animaron con entusiasmo e sen parar a un público moi entregado ao baile e ao divertimento.


27.11.15

EU DOU A CARA...E TI? A NOVA CAMPAÑA DO 25N DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS"

O COLECTIVO FEMININO “FRAGA DAS SAÍMAS” PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA NAS REDES SOCIAIS BAIXO O LEMA “EU DOU A CARA…E TI?”
Con motivo da conmemoración do 25N, as socias do colectivo Fraga das Saímas veñen de poñer en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación da veciñanza ,  a través do seu facebook, contra a violencia machista.
Eu dou a cara…e ti? é o lema da campaña do colectivo de mulleres Fraga das Saímas coa que pretenden visibilizar a violencia silenciosa do machismo, o maltrato e os asasinatos contra as mulleres para concienciar da necesidade e da obriga social de dar a cara e denunciar publicamente e castigar socialmente o comportamentos machistas, porque O MACHISMO MATA, e así poder lograr, entre todas e todos, avanzar cara a eliminación desta lacra social tan perigosamente presente na nosa sociedade actual e que está a convertirse nun auténtico feminicidio.
Esta semana a entidade comezou a lanzar a campaña a través das redes e no día de hoxe a súa Presidenta, Flor Chao, presentouna oficialmente as socias do colectivo Fraga das Saías no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente e as empresarias e empresarios dos comercios viveirenses que se uniron a esta campaña: Librería Porta da Vila, CATÁ, Agricentro e Mesón Imperial.
O colectivo, da man da súa presidenta e secretaria, está animando, tanto a través das redes como a pé de rúa, a rapaces, rapazas, homes e mulleres a fotografarse xunto ao lema da chapa deseñada por Alberte Sánchez, con motivo do 25N, “O Machismo Mata”. As primeiras fotografías xa están sendo subidas á páxina de facebook da asociación, sendo a primeira fotografía subida a da propia Presidenta.

As 100 primeiras persoas voluntarias en participar serán agasalladas cunha das chapas da campaña e se a veciñanza responde positivamente a esta campaña on line, “Eu dou a cara... E ti?”, que se desenvolverá ao longo dun mes, o colectivo ten como previsión a montaxe do mural "Derrubando Imposibles".

FESTA DE NADAL 2015


A directiva de mulleres da Asociación Fraga das Saímas ven de abrir o prazo para que as súas socias, familiares, veciños e amigas da asociación podan reservar a súa praza na Cea de Nadal 2015.  

A presidenta anima a participar nesta Festa de confraternidade a todas as súas socias e  no Iº Concurso de CHISTES. 

Apúntate XA!