Sto. André de Boimente, 20 de febreiro de 2015
A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE O PRAZO PARA CONTRATAR A PAVIMENTACIÓN NO TRAMO ENTRE A PEIXERÍA E PRAZA JUAN DONAPETRY DA LU-P-6605
A DEPUTACIÓN DE LUGO OFERTA 3 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO SEU SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS (2005-2016)
Sto. André de Boimente, 2 de febreiro de 2015
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA CONCURSO PARA A COBERTURA DE 13 POSTOS DE FUNCIONARI@S INTERIN@S DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO E ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DE LUGO
A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:
2 Coordinadores, Grupo A1
Sto. André de Boimente, 28 de xaneiro de 2015
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE PARA A COBERTURA DE 5 PRAZAS COMO FUNCIONARI@S INTERIN@S
A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:
Sto. André de Boimente, 13 de outubro de 2014
A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE O PRAZO PARA CONTRATAR A PAVIMENTACIÓN NO TRAMO ENTRE A PEIXERÍA E PRAZA JUAN DONAPETRY DA LU-P-6605
A Deputación de Lugo abre o prazo para a recepción de documentación no procedemento aberto das obras de pavimentación no tramo entre a peixería e Praza Juan Donapetry da LU-P-660 a executar nun prazo de 3 meses e que conta cun orzamento de licitación de 388.429,75 €.
Sto. André de Boimente, 18 de febreiro de 2015 A DEPUTACIÓN DE LUGO OFERTA 3 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO SEU SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS (2005-2016)
A Deputación de
Lugo convoca 3 BOLSAS (2 bolsas destinadas a Técnicos en Sistemas Microinformáticos e Redes e 1 bolsa destinada a Técnicos Superiores de Secretariado) para realizar 12 MESES de prácticas formativas na súa área de novas tecnoloxías.
O prazo de presentación e tan só de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da
publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do día 18/02/2015. Ou sexa que tedes ata o día 28 de febreiro para rexistrar as vosas solicitudes
Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria podedes pinchar AQUÍ
Sto. André de Boimente, 2 de febreiro de 2015

A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:
2 Coordinadores, Grupo A1
3 Xestores de programas, Grupo A2
4 Xestores Administrativos, Grupo C1
4 Persoal de apoio, grupo C2
As
persoas interesadas en participar no/s proceso/s selectivo/s podedes
presentar as vosas solicitudes no modelo oficial que figura como Anexo
destas
Bases, estando tamén dispoñible na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina Web da Entidad www.deputaciónlugo.org
O prazo para presentar as solicitudes e de só 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo do día 31 de xaneiro de 2015. Ou o que é o mesmo tedes ata o día 10 de febreiro para apuntarvos neste proceso de selección.
O prazo para presentar as solicitudes e de só 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo do día 31 de xaneiro de 2015. Ou o que é o mesmo tedes ata o día 10 de febreiro para apuntarvos neste proceso de selección.
Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria podedes pinchar AQUÍ
Sto. André de Boimente, 28 de xaneiro de 2015
A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:
1 Enxeñeiro Industrial
Superior (Grupo A, subgrupo A1).
1 Enxeñeiro Técnico
Industrial (Grupo A, subgrupo A2).
1 Técnico Mantemento
Industrial (Grupo C, subgrupo C1).
1 Técnico de Xestión
Medioambiental (Grupo A, subgrupo A2)
1 Enxeñeiro Técnico de
Telecomunicacións (Grupo A, subgrupo A 2).
1 Auxiliar colaborador de Tecnoloxías da Información (Grupo C, subgrupo
C
As persoas interesadas en participar no/s proceso/s selectivo/s podedes presentar as vosas solicitudes no modelo oficial que figura como Anexo destas
Bases, estando tamén dispoñible na páxina web www.deputaciónlugo.org e na
Unidade de Atención ao Cidadán.
Ollo! O prazo de presentación e tan só de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da
publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do día 27/01/2015. Ou sexa que tedes ata o día 6 de febreiro para rexistrar as vosas solicitudes
Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria podedes pinchar AQUÍ
Sto. André de Boimente, 13 de outubro de 2014
A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA 2014.
A Área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade da Deputación de Lugo ven de aprobar as bases e criterios que regularán a convocatoria do programa: Bolsas para deportistas individuais da provincia de lugo, para a anualidade 2014.
As
persoas interesadas nestas bolsas tedes de prazo para
presentar as vosas solicitudes no R. Xeral da Deputación de Lugo ata o sábado, 29 outubro de 2014 (15 días hábiles)
Sto. André de Boimente, 10 de outubro de 2014
A XUNTA DE GALICIA LIMITA A VENTA DIRECTA DE PRODUTOS PRIMARIOS (OVOS, FROITA...) TANTO NA CASA COMO NOS MERCADOS E OBRIGA A SÚA ETIQUETAXE
A Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia ven de publicar, o pasado 30 de setembro, o Decreto 125/2014 que regulará en Galicia a venda directa dos proudtos primarios desde as explotacións á persoas consumidoras finais ou a establecementos de comercio polo miíudo para o abastecemento ao/á consumidor/a final.
Para poder vender directamente (con contraprestación ou a título gratuíto) os produtos primarios (ovos, patacas, legumes...), tanto nas explotacións como nos mercados das vilas, os produtores/as terán que inscribirse no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia e acollerse ao réxime de venta directa (SEVEDI). Asimesmo deberán levar un rexistro básico sobre o produto vendido, cantidade, establecemento ao que o vende, data e lugar de venta, e debendo ter este rexistro a disposición da autoridade competente e conservalo durante dous anos como mínimo. Esta venda directa esixe que para a súa produción (mazás, mel...) as persoas produtoras aplicquen guías de boas prácticas de hixiene. Como tamén deberán proporcionarán por medio dunha ETIQUETAXE a información alimentaria obrigatoria
Este decreto tamén estable un límite en canto ao tipo de produtos primarios e cantidades que se poden vender de xeito directo, tales como indica o artigo 7 do capítulo III do mesmo.
Produto
|
Unidade
|
Cantidade
|
Mel
|
kg
|
3.000
|
Pole
|
kg
|
450
|
Própole
|
kg
|
30
|
Xelea real
|
kg
|
10
|
Ovos
|
Ducias
|
1.000
|
Amorodo
|
kg
exterior
kg
invernadoiro
|
5.000
10.000
|
Kiwi
|
kg
exterior
|
13.000
|
Outras
froitas
|
kg
exterior
|
20.000
|
Hortalizas
|
kg
exterior
kg
invernadoiro
|
20.000
40.000
|
Legumes
|
kg
exterior
kg
invernadoiro
|
10.000
24.000
|
Pataca
|
kg
exterior
|
20.000
|
Cogomelos
|
kg
exterior
kg
invernadoiro
|
500
2.500
|
Cereais
|
kg
|
5.000
|
As persoas interesadas en coñecer este decreto da Xunta de Galicia, que coarta a venta directa (e a transferencia gratuítas) de pequenos horticultores galegos, podedes pinchar AQUÍ | ||||||
Sto. André de Boimente, 9 de outubro de 2014
O TEATRO PASTOR DÍAZ ACOLLE AS PEZAS TEATRAIS DE PINCHACARNEIRO, TEATRO DO ATLÁNTICO E CARAMUXO TEATRO
Dentro da programación cultural organizada pola concellería de cultura
do noso concello, para o mes de outubro, os amantes do teatro poderán
gozar no Teatro Pastor Díaz das seguintes obras de teatro:
Sábado, 11 de outubro. Ás 20.30horas: Grupo Pinchacarneiro. Buxiganga
Sábado, 18 de outubro. Ás 20.30horas: Teatro do Atlántico. A Charca inútil
Sábado, 25 de outubro. Ás 18.00 horas: Caramuxo Teatro. As fabas máxicas
|
Sto. André de Boimente, 6 de outubro de 2014
O CONCELLO DE VIVEIRO MODIFICA O IMPORTE DAS TAXAS POLOS SERVIZOS DO MATADEIRO MUNICIPAL
O Concello de Viveiro publica no BOP do 4 de outubro o texto íntegro da modificación da ordenanza fiscal nº 18 reguladora da taxa polo servizo do matadoiro municipal, modificando o artigo 6. da mesma que recolle as novas tarifas a aplicar polos diferentes servizos:
Art. 6.- cuota tributaria
O importe da taxa reguladora nesta Ordenanza será a resultante de aplicar as tarifas contidas no apartado seguinte (I.V.E excluído):
SERVIZOS E CLASES DE GANDO
|
EUROS/KG.
|
sacrificio de Vacún..............................
Produtos M.E.R....................................
|
0,30 €/Kg.
12 € unidade
|
Equino
Produtos M.E.R
|
0,30€/Kg
6 € unidade
|
Porcino
|
0,22 €/Kg.
|
Ovino
Produtos M.E.R
|
0,95 €/kg.
3 € unidade
|
Caprino
Produtos M.E.R
|
0,95 €/kg
3 € unidade
|
Transporte
|
0,08 €/Kg.
|
SERVIZOS E CLASES DE GANDO
|
|
Lavado e desinfección de vehículos
|
9,00 €.
|
Lavado e/ou pelado de estómagos porcino
|
1,00 €
|
Elaboración despoxos ovino e caprino
|
3,00 €/unidade
|
Lavado e/ou pelado de estómagos e patas bovino
|
5,00 €/unidade
|
Sto. André de Boimente, 3 de outubro de 2014
O CONCELLO DE VIVEIRO EXPÓN O SEU PROXECTO PARA A SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E ACONDICIONAMENTO EXTERIOR DO MATADEIRO MUNICIPAL
O
Concello de Viveiro pon a exposición pública o proxecto redactado polo
seu arquitecto municipal de obras o proxecto para a substitución da cuberta e acondicionamento exterior do matadeiro municipal.
Todas as súas veciñas e veciños poderán consultalo na Secretaría xeral do concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. O prazo para poder coñecer este proxecto será de 20 días naturais a partir da súa publicación no BOP do 3 de outubro.
Todas as súas veciñas e veciños poderán consultalo na Secretaría xeral do concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. O prazo para poder coñecer este proxecto será de 20 días naturais a partir da súa publicación no BOP do 3 de outubro.
Sto. André de Boimente, 2 de outubro de 2014
A CONSELLERÍA DO RURAL E O MAR CONVOCA AXUDAS COFINANCIADAS CON FONDOS EUROPEOS (FEADER), PARA DESENVOLVEMENTO DE TRABALLOS DE SILVICULTURA NOS MONTES GALEGOS
No DOG do día de hoxe ven de publicarse as bases reguladoras das axudas para o "fomento da silvicultura en bosques no medio rural" en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o ano 2014.
Posibles beneficiarios destas axudas: As sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de
forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios
particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de
Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os
proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e
fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas
xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).
Actuacións obxecto de axuda: traballos de rareos, podas, rozas, trituración de restos de podas..etc...en superficies forestais mínimo de 1Ha, no caso de propietarios particulares, e entre 3-5Ha o resto.
As persoas intereradas tedes de prazo para presentar solicitude de axuda DUN MES, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Dog.
Sto. André de Boimente, 24 de setembro de 2014
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA DÚAS BOLSAS FORMATIVAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA FORMATIVO DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAS E PATRIMONIO HISTÓRICO (014-015)
O Servizo de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo, aproba ás bases e criterios para a convocatoria de 2 BOLSAS FORMATIVAS para colaborar no Programa Formativo de Cultura co obxecto de coñecer as características do medio urbano e do medio rural, coñecer as técnicas de obtención e análise de datos e para aplicar estratexias de dinamización no territorio que posibiliten unha mellora na calidade de vida dos individuos e dos grupos sociais que o habitan.
A duración das bolsas é de 12 meses.
As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral da Deputación de Lugo ata o sábado, 4 setembro de 2014 (10 días naturais)
Sto. André de Boimente, 22 de setembro de 2014
O CONCELLO DE VIVEIRO PON AO COBRO OS RECIBOS DO IMPOSTO DE BEN INMOBLES DE NATUREZA URBANA E RÚSTICA 2014
A Oficina de Recaudación do Concello de Viveiro comunica ás/aos contribuíntes suxeitas/os ao IBI -2014 que o prazo de pagamento deste imposto en período "voluntario "¿? abarca desde o 1 de setembro ata o 3 de novembro de 2014.
Os recibos non domiciliados serán enviados ao domicilio fiscal do contribuínte. Se tendes dúbidas ou precisades consultar algunha cuestión relativa a este tema podedes dirixirvos á oficina de recaudación.
A pagar toca!
Sto. André de Boimente, 18 de setembro de 2014
![]() |
(Fonte. BOE 18-09-2014) |
A Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte ven de anunciar no BOE (18/09/2014) mediante resolución do 13/08/2014 a formalización do contrato de limpeza do HOSPITAL DA COSTA coa empresa de Castela e León SAMYL, S.L. por importe de 2.040.558,55 euros.
Sto. André de Boimente, 17 de setembro de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 17-09-2014) |
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA 1 PRAZA DE LICENCIADO DE C.C. DO TRABALLO E 1 DE TÉCNICO/A SUPERIOR
A Deputación de Lugo convoca o proceso selectivo , mediante oposición libre, para cubrir dúas prazas vacantes de persoal funcionario. E para o cal ven de publicar no BOP do 17/09/2014 as bases para a provisión definitiva de: 1 praza deLicenciada/o en ciencias do traballo e 1 praza de Técnico superior do cadro de persoal funcionario, correspondente á oferta de emprego 2014.
As persoas interesadas nestas ofertas tedes de prazo para presentar as solicitudes 20 días naturais contados a partir do seguinte día da publicación do seu extracto no BOE
Sto. André de Boimente, 15 de setembro de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 15-09-2014) |
O CONCELLO DE VIVEIRO EXPÓN O SEU PROXECTO DE "MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO RURAL DE VIVEIRO.
O
Concello de Viveiro pon a exposición pública o proxecto redactado polo seu arquitecto municipal de obras o proxecto sobre a Mellora da eficiencia enerxética no rural de Viveiro. Todas as súas veciñas e veciños poderán consultalo na Secretaría xeral do concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. O prazo para poder coñecer este proxecto será de 20 días naturais a partir da súa publicación no BOP do 15 de setembro.
Esperamos que este proxecto inclúa (ademais de plantexarse o cambio de luminarias halógenas polas leds) a instalación de reloxios astronómicos que regulen o apagado e o acendido das farolas, posto que moitas delas apagan e acenden cando lles cadra e iso supón un custo engadido.
Sto. André de Boimente, 13 de xullo de 2014

O
Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral
temporal, mediante oposición de 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUTOR E 4 PEÓNS DE BRIGADA para a participación na prevención e defensa
contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa para a campaña do 2014 no Concello de Ourol.
A duración do contratao é de 3 meses a xornada completa.
As
persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo para
presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o mércores, 16 xullo de 2014 (4 días naturais)
Para máis información podedes consultar o BOP do día 12/07/2014
Sto. André de Boimente, 7 de xullo de 2014
Os días 27 e 28 de xullo a parroquia de Galdo celebrará as súa festa parroquial, onde as persoas que gostan de escoitar boas orquestras galegas terán a oportunidade de gozar da música da Royal Orquesta de Galicia (excantantes e músicos de Sintonía de Vigo).
Sto. André de Boimente, 7 de xullo de 2014
As veciñas e veciños amantes das boas romarías e das festas xa poden ir repoñendo os folgos gastados durante a celebración da Rapa das Bestas do Candaoso e prepararse con todas as súas forzas para disfrutar da Romaría do Sargadelos o sábado 24 e 25 de xuño, onde terán a oportunidade de gozar do concerto de A Roda, entre outras moitas sorpresas.
Sto. André de Boimente, 5 de xullo de 2014O CONCELLO DE O VALADOURO CONVOCA TRES PRAZAS DE CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA
Por resolución da Alcaldía apróbase a convocatoria e as bases que rexerán o proceso para a selección de tres Condutores do Vehículo Motobomba para a prevención e defensa contraincendios orestais que se publicarán integramente no Taboleiro de Anuncios do Concello do Valadouro e na páxina web (www.valadouro.org)
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 5 días naturais contados desde o día seguinte a publicación deste anuncio no do BOP (4/07/2014)
Sto. André de Boimente, 4 de xullo de 2014
O
Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral
temporal, mediante oposición de tres conductores de camión motobomba–oficial de 1ª para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba para a campaña do 2014 no Concello de Ourol.
A duración do contratao é de 3 meses a xornada completa.
As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o venres, 11 xullo de 2014
Para máis información podedes consultar o BOP Lugo do día 4/07/2014
Sto. André de Boimente, 4 de xullo de 2014
O Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de dúas auxiliares de axuda o fogar a xornada parcial (75%).
As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o venres, 11 xullo de 2014
Para máis información podedes consultar o BOP Lugo do día 4/07/2014
Sto. André de Boimente, 27 de xuño de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 26-06-2014) |
O CONCELLO DE VIVEIRO APROBA AS MODIFICACIÓNS DAS ORDENANZAS FISCAIS E O REGULAMENTO E PREZO PÚBLICO QUE REGULA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O Concello de Viveiro ven de aprobar as modificacións das seguintes ordenanzas fiscais:
Ordenanza fiscal nº 2. Imposto sobre construcións, instalacións e obras
Ordenanza fiscal nº 5. Reguladora da taxa por licencias urbanísticas
Ordenanza fiscal nº 6. Reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.Ordenanza fiscal nº 8.Reguladora da taxa de saneamento e depuración de augas residuais
As cotas tributarias a pagar polos veciños e veciñas de Viveiro, así como polas persoas xurídicas, están determinadas en función das características e peculiaridades de cada expediente remitido ao concello para o seu cálculo.
Asimesmo aprobou de xeito provisional o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar no termo municipal de Viveiro (SAF)
As persoas interesadas en coñecer ao por miúdo estas ordenanzas, así como o regulamento do SAF poden consultar o BOP de Lugo do día 26 de xuño de 2014.
Sto. André de Boimente, 26 de xuño de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 23-06-2014) |
O concello de Viveiro ven de adxudicar o contrato de obras para a Reposición de firme en camiños rurais de titularidade municipal do Concello de Viveiro á empresa Carferlo, S.L. por un importe total: 73.157,88 euros. A empresa ten 1 mes para executar as obras.
Confiamos en que os camiños intransitables desta parroquia estarán entre os afortunados.
Sto. André de Boimente, 26 de xuño de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 23-06-2014) |
O concello de Viveiro ven de adxudicar o proxecto de Instalación de paneis solares térmicos no polideportivo municipal de Viveiro á empresa contratista Xestión Integral Enerxética e Medioambiental, S.L. por importe total de 24.926,00 euros. A empresa ten 20 días para executar a obra.
Sto. André de Boimente, 25 de xuño de 2014
O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRARÁ O SEU VII MERCADO RENACENTISTA
A fin de semana do 11 ao 13 de xullo as veciñas e veciños de Viveiro e todos os seus visitantes poderán participar da VII edición do Mercado Renacentista e gozar dunha volta as rúas viveirenses da época do renacemento.
Os actos darán comezo o venres 11 coa apertura do mercado e o desembarco na praia de Covas do rei Carlos V, acompañado pola súa nai, a raíña Juana La Loca e
toda a comitiva real, que irán ata a vila acompañados de música e
fogos e entrarán na vila pola porta que se erixiu en homenaxe a
Carlos V polo diñeiro que eximiu de pagar aos vivarienses tras un
dos incendios que queimou a cidade.
Sto. André de Boimente, 24 de xuño de 2014
A PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE CELEBRA A XLV EDICIÓN DA RAPA DAS BESTAS
A comunidade de veciñas e veciños da parroquia viveirense organiza a súa XLV edición da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso os vindeiros sábado 5 e domingo 6 de xullo.
Os amantes da natureza poderán disfrutar dunha fin de semana diferente nunha contorna natural envexable.
O domingo, 6 de xullo celebraremos, unha nova edición da famosa
Festa da Rapa das Bestas, que comezará, para os máis madrugadores, as
8.00 horas coa encerro das bestas para a súa rapa e marcaxe. E como xa ven sendo habitual haberá a feira anual de gando cabalar, carreiras de cabalos e baile, entre outras actividades.
As persoas que acudan a esta nova cita anual tamén poderán achegarse á
explanada do curro do Cándaoso o sábado 5 de xullo onde
poderán degustar dun sabroso xantar a partir das 14.00 horas así como
gozar da xa tradicional festa campestre.
Estamos seguras que todo aquel que se achegue a esta festa gozará dun día inolvidable, que ademais poderá aproveitar para pasear e facer algunha ruta a pé polas diferentes veredas que conforman os montes do Buio e poderá descubrir algún dos segredos que garda a Fraga das Saímas.
Sto. André de Boimente, 20 de xuño de 2014
O CONCELLO DE MURAS CELEBRA AS SÚAS FESTAS OS DÍAS 27, 28 e 29 DE XUÑO.
As veciñas e veciños que sexan seguidores de orquestras galegas como Panorama ou París de Noia terán a oportunidade de gozar da súa música e espectáculo os vindeiros 27 e 28 de xuño no concello de Muras.
Sto. André de Boimente, 9 de xuño de 2014
APROBACIÓN DEFINITIVA DA 2ª MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA DO CONCELLO DE VIVEIRO
O estado actual de gastos e ingresos do presuposto de Viveiro, logo da aprobación definitiva da última modificación orzamentaria, son os que a continuación relacinamos por capítulos de gastos e ingresos previstos (publicado no BOP. sábado, 7 de xuño de 2014)
G1- Gastos de personal__________4.904.403,54 €
G2- Gastos en bienes y servicios_________4.855.064,81 €
G3- Gastos financieros___________685.875,18 €
G4- Transferencias corrientes _______162.813,06 €
G5-Contingencias________________ 0,00 €
G6- Inversiones reales___________ 212.800,97 €
G7- Transferencias de capital___________ 0,00 €
G8- Activos financieros ______________0,00 €
G9- Pasivos financieros___________ 936.003,77 €
CAPÍTULOS INGRESOS EUROS:
Impostos Directos________________ 4.379.653,69 €
Impuestos indirectos ________________175.088,00 €
Taxas e outros___________________3.387.433,80 €
Transferencias corrientes_____________3.843.627,31 €
Transferencias corrientes_____________3.843.627,31 €
Ingresos patrimoniales________________64.811,00 €
Enaj. de invers. Reales____________________0,00 €
Transferencias de capital_______________115.696,35 €
Activos financieros____________________3.500,00 €
Pasivos financieros_______________________0,00 €
Con estes datos económicos cadaquén pode facer a súa propia leitura ao respecto.
Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014

O obxectivo desta nova liña de axudas que ven de publicarse no BOP do día de hoxe, é o seguinte:
- Mellora, adecuación do firme e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais e núcleos rurais.
- Acondicionamento de rutas de sendeirismo e sendeiros.
- Construción de depósitos de auga contra incendios, bebedoiros de uso común e infraestruturas de regadío.
- Construción ou rehabilitación e posta en valor de elementos tradicionais de uso colectivo, fontes, prazas públicas, etc.
Estas axudas quen as pode pedir?
Asociacións de veciños e Entidades veciñais sen ánimo de lucro, comunidades de montes, agrupacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais e colectivos de usuarios.
Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014
Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014
A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN E INCORPORACIÓN DE TERRAS PARA A POSTA EN PRODUCIÓN DE RECURSOS AGROGANDEIROS
O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as subvencións e axudas para o gandeiro ou agricultor individual, agrupacións de gandeiros ou agricultores, SAT e persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións para a incorporación de terras á superficie produtiva (en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón).
Canta superficie ten que xuntar o posible beneficiario para que teña deireito a estas axudas? mínimo 1 Ha. para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido.
A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos antriores para cada una delas.
Que prazo teñen os interesados para acollerse a estes Programas de axudas? Ata o día 2 de agosto de 2014
Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014
Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014
E de colectivos estamos a falar que poden ser beneficiarios destas axudas? As Comunidades de usuarios, as Asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro e as Comunidades de montes.
Que prazo teñen os interesados para acollerse a estes Programas de axudas? Ata o día 2 de agosto de 2014
Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014
Sto. André de Boimente, 2 de xuño de 2014
O CENTRO ASOCIADO DA UNED de LUGO INTENTA IMPULSAR A CREACIÓN DUNHA SEDE DE UNED-SENIOR EN VIVEIRO
Se tés máis de 55 anos e estás interesada/o en enriquecer os teus coñecementos (Literatura, informática, música, inglés, historia universal, Prevención da saúde e medicina natural, etc...) , con independencia da túa formación académica, agora tés a oportunidade de participar no PROXECTO UNED SENIOR Centro Asociación UNED Lugo. Curso 2014/2015!
Se queres saber máis sobre esta iniciativa podes poñerte en contacto coa Coordinadora do proxecto Uned Senior Lugo (Mª del Mar Traseira) no seguinte correo electrónico martraseira@lugo.uned.es ou consultar o seguinte enlace Proxecto Uned Senior Lugo
Sto. André de Boimente, 20 de maio de 2014
IIª CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS FOZ E RUTA LOURENZÁ
Se che gustan os clásicos o sábado, 7 de xuño tés unha oportunidade de ouro para gozar vendo estes coches na IIª Concentración de coches clásicos nos concellos veciños de Foz e Lourenzá
Sto. André de Boimente, 15 de maio de 2014
O Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza unha xornada práctica sobre Horta Familiar Ecolóxica a escoller entre os días 24 ou 31 de maio na Horta Urbana de Viveiro (r/Río dos Foles).
Con motivo da declaración do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR (AIAF), que vense conmemorando este ano 2014, o Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza esta xornada có principal obxectivo de poder presentar, dun xeito sinxelo e práctico, os primeiros pasos para crear un pequeno horto ecolóxico destinado ao autoconsumo das familias.
A xornada terá un prezo de inscripción de 15€/persoa (10€/soci@s e usuarios das Hortas Urbanas) e impartiráse de 10h a 19h.
As inscripcións poderán realizarse na tenda de A Estruga, no enderezo-e estrugalugo@gmail.com ou a través do teléfono 982 879 810 onde tamén facilitaráse máis información.
Pois sí! SAÚDE E AGROECOLOXÍA!
Sto. André de Boimente, 15 de maio de 2014
![]() |
(Fonte .BOP 15-05-2014) |
30 DÍAS PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS ÁS MODIFICACIÓNS DAS ORDENANZAS FISCAIS E REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR APROBADO PROVISIONALMENTE POLO CONCELLO DE VIVEIRO
O concello de Viveiro ven de aprobar provisionalmente, no pleno ordinario do 8 de maio, as modificacións dos regulamentos e ordenanzas fiscais seguintes:
- Regulamento e prezo púlbico que regula o servizo de axuda no fogar
- Ordenanza Fiscal nº2 do Imposto sobre construcións, instalacións e obras
- Ordenanza Fiscal nº 5 reguladora da taxa de licenzas urbanísticas
- Ordenanza Fiscal nº 6 reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.
- Ordenanza Fiscal nº 8 reguladora da taxa polo servio de sumidoiros e depuración de augas residuais.
As veciñas e veciños que esteades interesadas en consultar estes expedientes tedes de prazo 30 días, contados a partir do día seguinte desta publicación no BOP (nº 110 do día 15-05-2014). Durante este prazo podedes presentar as alegacións que estimedes pertinentes.
Resumindo, estas ordenanzas son as normas que regulan os novos prezos, taxas e impostos, e que, en función do servizo prestado a cada veciño/a e a súas circunstancias, nos van a cobrar.
Sto. André de Boimente, 6 de maio de 2014
ABERTO O PERÍODO VOLUNTARIO PARA O PAGAMENTO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO CONCELLO DE VIVEIRO.
Desde o 15 de abril ata o 14 de xuño de 2014 os sufridos contribuíntes do concello de Viveiro temos de prazo para pagar de xeito "voluntario" o imposto de circulación dos nosos vehículos. Se queredes saber de cantos euros tedes que dispoñer podedes consultar o cartel que vos deixamos aquí. Ánimo que a pagar toca!
Sto. André de Boimente, 5 de maio de 2014
O sábado 24 de maio as veciñas e veciños da parroquia de Sto. André de
Boimente van celebrar a súa Festa patronal do Corpus Cristi
A comunidade veciñal de S. André de Boimente convida a todas e todos
os amantes da música á sesión de baile que estará amenizada polo grupo Abanico e a gran orquestra LOS SATÉLITES. Así que xa sabes, se podes e queres achégate á nosa parroquia e disfruta da boa música e do bo ambiente. Esperámoste!
Sto. André de Boimente, 28 de abril de 2014
(Fonte. BOP 28-04-2014) |
O CONCELLO DE MONDOÑEDO CONVOCA UNHA PRAZA DE ARQUEÓLOGA/O GUÍA PARA A COVA DO REI CINTOLO
Atentas aquelas persoas coa titulación de arqueólogo/a! Mondoñedo convoca un proceso de selección para o nomeamento dun funcionario/a interina/o para un emprego de arqueóloga/o para que faga as labores de guía especializado para as Cova do rei Cintolo, mediante o sistema de CONCURSO. Duración: tres anos.
O prazo que hai para participar neste concurso é de 10 días naturais, a contar a partir do día seguinte á publicación no BOP da provincia, é dicir, ata o 4 de maio de 2014. Se queredes máis información podedes consultar as bases no BOP do día 28 de abril de 2014. Sorte!
![]() |
(Fonte. BOP 23-04-2014) |
As persoas que queirades explotar o Bar-Cafetería do Pavillón Municipal e esteades interesadas en presentar as vosas ofertas a este concurso tedes de prazo 15 días naturais (ver requisitos e detalles da contratación no BOP 23 de abril de 2014) , ou sexa, ata o 8 de maio de 2014.
Sto. André de Boimente, 23 de abril de 2014
![]() |
(Fonte: BOP 23-04-2014) |
O CONCELLO DE VIVEIRO SACA A CONCURSO A "EXPLOTACIÓN DO BAR-CAFETERÍA DO HÓRREO DE NASEIRO"
As persoas que queirades explotar o Bar-Cafetería do Hórreo de Naseiro e esteades interesadas en presentar as vosas ofertas a este concurso tedes de prazo 15 días naturais (ver requisitos e detalles da contratación no BOP 23 de abril de 2014) , ou sexa, ata o 8 de maio de 2014.
Sto. André de Boimente, 23 de abril de 2014
![]() |
(Fonte: BOP 23-04-2014) |
As persoas que esteades interesadas en presentar as vosas ofertas tedes de prazo 30 días (ver requisitos e detalles dos pregos no BOP 23 de abril de 2014)
Sto. André de Boimente, 21 de abril de 2014
Os produtores agrupados en PROMOGAL recomendan aos propietarios dos montes deixar de venderlle eucalipto a Ence, logo de comunicar esta a baixada de 3,5 € no prezo que paga por tonelada desta madeira . Asimesmo os rematantes veñen de confirmar o parón do mercado do eucalipto, ao negarse a suministrar máis produto de maneira indefinida....Que ocurrirá a partir de aquí? Pois seguramente se logran unir a todos os afectados (produtores, remantantes, transportistas...) terán unha oportunidade para presionar aos principais compradores de eucalipto (Ence, Portucel, Celbi..) e obrigalos a renegociar unha leve melloría dos prezos. Como ven ocurrindo nos últimos anos. Un tira e afloxa. O problema real disto é que durante décadas se ven premiando e fomentando a produción extensiva do eucalipto provocando unha sobreexplotación dos nosos montes que se atopan producindo monocultivos desta planta invasora e sen ofrecernos alternativa algunha de intentar diversificar a explotación e o uso dos montes galegos. Ou o que é o mesmo, estamos vendidos ao peor postor. Bo día!
Sto. André de Boimente, 15 de abril de 2014
FESTAS DE SANTA CRUZ DE CHAVÍN 2014
Aquí vos deixamos o cartel da festa parroquial que van a celebrar as nosas veciñas e veciños de Chavín o SÁBADO, 3 de MAIO, onde as persoas que se acheguen a Chavín poderán bailar ao ritmo das orquestras Alma Latina e Los Emperadores.
Felices Festas!
Sto. André de Boimente, 9 de abril de 2014
(Fonte. BOP 09-04-2014) |
2 BOLSAS PARA FACER PRÁCTICAS
FORMATIVAS NA SÚA ÁREA DE
EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E
DEMOGRAFÍA
Si eres licenciada/o en XORNALISMO ou en
PUBLICIDADE ou estás no último ano do grao
dunha destas dúas licenciaturas podes solicitar
participar no proceso de selección dunha bolsa
para facer prácticas formativas na área de
emprego, economía sostible e demografía da
Deputación de Lugo.Corre só tés 8 DÍAS NATURAIS
Sto. André de Boimente, 7 de abril de 2014

A asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte celebra o sábado, 26 de abril Penasagudas-Monte 2014 .
Lástima que coincida coa nosa Festa do Medio Natural, na que damos a benvida á primavera con maxia, xantar, baile e tamén algunha que outra sorpresa se cadra, e a cal esperamos acudan todas as nosas socias, veciños de S. Andrés e amigas e amigos de Viveiro.
De todos os xeitos e como non somos nada localistas aquí vos deixo o programa da festa para aqueles que estean interesados en achegarse a Penasagudas.
Ás 10.00 horas comezará a ruta de sendeirismo ata a Cruz do pao da vella. A sesión vermut terá lugar ás 14.00 horas e o xantar, que se servirá nunha carpa pechada comezará a partir das 15.00 horas. A sesión de Baile, onde se outorgarán trofeos ás 3 melloras parellas de pasodoble.
Sto. André de Boimente, 4 de abril de 2014
![]() |
(Fonte: BOP 04-04-2014) |
O Concello de Foz inicia un proceso de selección para contratar ata o mes de xuño un profesor de piano (20 horas á semana)
O prazo para presentar as vosas solicitudes é desde hoxe mesmo (4/04/2014) ata luns (7/04/204). Prazo ben escaso por certo...ou máis ben diría que ridículo, pero é o que hai!
As bases do proceso de selección podelas atopar na páxina web http://www.concellodefoz.es/
Sto. André de Boimente, 3 de abril de 2014
![]() |
(Fonte:http://www.agenciatributaria.es/) |
Facenda somos todas e todos?
Cando menos somos todas as curritas e curritos. Así que un ano máis a nós tócanos cumprir coa Axencia Tributaria e para que non nos despistemos ninguén deixámosvos aquí as datas clave da campaña da renda deste ano.
Sto. André de Boimente, 3 de abril de 2014
Pavimentación e servizos no entorno da
ponte de FEVE (Verxeles)

(Fonte: BOP 03-04-2014)
Sto. André de Boimente, 2 de abril de 2014
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
Achégasenos a hora de pagar o Imposto de Circulación (IVTM)!

(Fonte: BOP 02-04-2014)
O prazo que nos concede o concello de Viveiro para pagar voluntariosamente os recibos dos nosos coches, camións, motocicletas...vai desde o día 15 de abril ata o 14 de xuño de 2014, ambos inclusive.
Os contribuíntes poderamos aboar os nosos recibos en calquera oficina de NCG Banco SA o de Caixabank SA
dentro do prazo sinalado e durante os días e horas hábiles de ingreso que tal entidade ten estabrecidos...e non me preguntedes a min porque non pode ser noutra entidade!
Se non pagamos no período voluntario (¿?) aplicarannos un bonito recargo, así que procuremos non ter que pagar demáis, por favor!
Bo día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario