A ASOCIACIÓN DE
MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” PARTICIPOU NUN TALLER ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN TIC
SOBRE O MANEXO DE TABLETAS E OUTROS DISPOSITIVOS INTELIXENTES

Este taller, que se desenvolveu ao longo de
dous días no Centro Sociocultural de Santo André de Boimente e que contou con
11 alumn@s, abordou o manexo de tabletas e smartphones, principalmente, así
como conceptos básicos para manexarse por internet e diferentes redes sociais.
Durante o curso as persoas asistentes tamén traballaron a través de diferentes
exercicios coa tableta as capacidades cognitivias e funcionais, como a memoria,
a atención, a orientación espacial e o equilíbrio.