O
COLECTIVO FEMININO “FRAGA DAS SAÍMAS” PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A
VIOLENCIA MACHISTA NAS REDES SOCIAIS BAIXO O LEMA “EU DOU A CARA…E TI?”
Con motivo da conmemoración do 25N, as socias do colectivo Fraga das Saímas
veñen de poñer en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación da
veciñanza , a través do seu facebook,
contra a violencia machista.
Eu dou a cara…e ti? é o lema da campaña do colectivo de mulleres Fraga das
Saímas coa que pretenden visibilizar a violencia silenciosa do machismo, o
maltrato e os asasinatos contra as mulleres para concienciar da necesidade e da
obriga social de dar a cara e denunciar publicamente e castigar socialmente o
comportamentos machistas, porque O MACHISMO MATA, e así poder lograr, entre
todas e todos, avanzar cara a eliminación desta lacra social tan perigosamente
presente na nosa sociedade actual e que está a convertirse nun auténtico
feminicidio.
O colectivo, da man da súa presidenta e secretaria, está animando, tanto a
través das redes como a pé de rúa, a rapaces, rapazas, homes e mulleres a
fotografarse xunto ao lema da chapa deseñada por Alberte Sánchez, con motivo do
25N, “O Machismo Mata”. As primeiras fotografías xa están sendo subidas á
páxina de facebook da asociación, sendo a primeira fotografía subida a da propia
Presidenta.