As participantes da IIIª Edición
micolóxica foron testemuñas da escasez de cogomelos nos montes do Buio e Lerín,
debido a climatoloxía e á recollida incontrolada dos mesmos.
O COLECTIVO DE MULLERES FRAGA
DAS SAÍMAS CELEBROU A SÚA IIIª EDICIÓN MICOLÓXICA CUNHA SAÍDA AOS MONTES DO
BUIO E UNHA DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA DE COGOMELOS.
O Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente ven de acoller a IIIª
edición das Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos no Buio organizadas
polo colectivo feminino “Fraga das Saímas”.
As xornadas, que se celebraron durante todo o día do
sábado 17 de outubro, deron comezo ás 9.30 horas no Centro Socio-cultural de
Santo André de Boimente, onde se deron cita os participantes e organizadoras,
que aproveitaron para facerlles entrega dun dossier e un DVD das Xornadas, ao
mesmo tempo que lles facilitaron as bases
do concurso de cestas e composición de setas. Ao longo dunha hora e media o
Biólogo e experto en Micoloxía, Marcos Besada impartiu unha charla sobre o
mundo das setas e aproveitou para recordarlles aos participantes e amantes dos
cogomelos unhas nocións básicas sobre as diferentes especies de cogomelos e champiñóns
existentes en Galicia e particularmente na zona da Mariña.
Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en
práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e valor ambiental
dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.


As gañadoras e gañadores do concurso de Cestas e composición de setas segundo
o veredito unánime dos membros do xurado calificador foron: o viveirense Paco,
que se alzou co 1º premio e a socia do colectivo feminino, Merche, que se alzou
co 2º e que se levaron, respectivamente, como premio un convite para a Festa de
Nadal e un convite para a Festa do Magosto: Toma Castaña!
As participantes nesta Xornada retiráronse pasadas as 22.00 h, pero non
antes de botar unhas cantareas, pechando así con grande éxito e satisfacción
por parte dos asistentes e do colectivo organizador as IIIª Xornadas
Micolóxicas e gastronómicas de cogomelos.